Aquí poderedes acceder aos Decretos de currículo vixentes na actualidade na nosa Comunidade Autónoma. Na nosa proposta didáctica partimos deste primeiro nivel de Concreción Curricular.

EDUCACIÓN INFANTIL

EDUCACIÓN PRIMARIA

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

 

Como segundo nivel, entendemos as programacións didácticas dos equipos de nivel e departamento. Aquí poderedes atopar unha exemplificación práctica PERFÍS DE ÁREA e PERFÍS DE COMPETENCIA para todos os niveis de Educación  Primaria, imprescindibles no desenvolvemento curricular de calquera centro.

O perfil de área consiste na organización e ponderación de estándares que compoñen un área para un determinado nivel (Decreto 105/2014 do 4 de setembro). Estes estándares terán que ser organizados por trimestres e ponderados para poder acadar a “nota” ou “calificación” de área. Lóxicamente, o que aportamos aquí é un empleo que pode servir de guía, pero que necesariamente cada centro debe “facelos seus” adaptándoos á súa realidade. 

O perfil de competencia confórmano os estándares das diferentes áreas que cada equipo docente decida que contribuirán á nota desa competencia. Por exemplo, para a competencia matemática, non só o farán os estándares da área de matemáticas, senón  estándares de todas as áreas que tamén a traballen. Cada equipo docente na súa concreción curricular (programacións de departamento e nivel),  decidirá cantos estándares conforman cada perfil de competencia e qué  peso ten cada un deles para a valoración final. Este exemplo práctico evidencia a interrelación que as diferentes áreas teñen con todas as competencias clave. Nós, @s ilusionad@s acordamos un número máximo  de estándares por nivel e intentamos que os seleccionados foran verdadeiramente competenciais. De novo, isto é unha exemplificación  que terá que ser discutida, consensuada, revisada e mellorada nos centros.

 Estamos a traballar tamén en propostas para Secundaria.  Para a súa elaboración tivemos en conta a lexislación vixente na Comunidade Autónoma Galega.

Como terceiro nivel de concreción atoparíamos a programación de aula. Pronto compartiremos con vós TAREFAS INTEGRADAS para os niveis de primaria e de secundaria. Deseñaremos propostas didácticas competenciais axustadas aos novos modelos pedagóxicos vixentes.

Finalmente, no último nivel de adaptación do currículo, atopamos as Adaptacións Curriculares Significativas ou Individualizadas. Podedes consultar aquí un modelo de ACS, axustado ao novo modelo curricular e un CONTINUO DE ESTÁNDARES de todas as áreas de EP. Neste continuo establecéronse relacións de todos os estándares ao longo da etapa de tal xeito que dunha forma moi visual poderemos comprobar onde nace, onde morre e como evoluciona cada estándar.