Cómic e personaxes

Nestes enlaces atoparedes o cómic do que partimos e os personaxes protagonistas do mesmo. Cremos que  sería recomendable contarlles o conto aos nenos/as varias veces pero non será necesario leelo sempre completo. Ao principio podemos facelo por partes, centrándonos unicamente nos fonemas que nos interese traballar e/ou reforzar e deixando lugar ao misterio e á curiosidade para as seguintes sesións.

É importante que o conto se lea facendo os xestos e os sons asociados a cada un dos fonemas. A orde na que van aparecendo non é aleatorio senón que á hora de presentalos e agrupalos tivemos en conta características como a dificultade ou similitude articulatoria.

O feito de colocar os personaxes cos seus fonemas e xestos asociados nun lugar visible da aula, facilitará moito a interiorización e coñecemento das letras e os seus sons por parte do alumnado.

Os nosos protagonistas/as son presentados cunha rima que amosa a personalidade de cada un deles/as e que está relacionada con distintas emocións coa finalidade de traballar a intelixencia emocional na aula.

3.1 Cómic e personaxes

Fonemas e vídeos

 

Neste apartado atoparedes todas as letras en dúas versións: as imaxes do fonema con instruccións para a realización correcta do xesto  e as imaxes da grafía sen as instruccións, que se poderán colocar na aula á vista do alumnado.

Para unha mellor comprensión, podedes consultar os vídeos explicativos nos que se realiza o xesto que asociamos a cada grafema/fonema.

 

  • Fonemas (pdf, 8.5 Mb)
  • B (mp4, 6.7Mb)
  • CH (mp4, 6.7 Mb)
  • D (mp4, 5.2 Mb)
  • F (mp4, 6.1 Mb)
  • G (mp4, 5.7 Mb)
  • H (mp4, 4.8 Mb)
  • K (mp4, 5.8 Mb)
  • L (mp4, 4.6 Mb)
  • LL (mp4, 5.3Mb)
  • M (mp4, 5.9 Mb)
  • N (mp4, 5.6 Mb)
  • Ñ (mp4, 6.5Mb)
  • P (mp4, 5.5 Mb)
  • R (mp4, 6.2 Mb)
  • RR (mp4, 6.2 Mb)
  • S (mp4, 6.0 Mb)
  • T (mp4, 5.4 Mb)
  • V (mp4, 5.5 Mb)
  • X (mp4, 6.4 Mb)
  • Z (mp4, 6.2 Mb)
3.2 Fonemas e vídeos
Paper.Ilusióna-T (sin sombras).133

Actividades

As actividades propostas están encamiñadas á prevención e detección de dificultades da linguaxe oral, escrita e da fala.

Consideramos importante traballar aspectos como á atención, a memoria visual, a orientación espacial e temporal, a memoria auditiva e a conciencia fonolóxica de xeito previo á lectoescritura. Aconsellamos modificalas e adaptalas tanto á idade como ás características individuais do noso alumnado.

 

 

3.3 Actividades