llusiona-T é un equipo de traballo que naceu no curso escolar 2016-2017 e que dende entón non deixou de medrar. Somos un grupo de mestres e mestras que cremos de corazón na inclusión, na innovación e no cambio. Reunímonos no CFR de Ferrol e conformamos un equipo heteroxéneo onde atopamos diferentes especialistas tanto de primaria como de secundaria, procedendo de diferentes puntos da xeografía galega.

Levamos todo este tempo traballando duro para intentar demostrar que ese desexado cambio non só é necesario, senón que tamén é posible.
Pouco a pouco iremos contándovos todo o que estamos a facer. Queremos compartir e contaxiar ilusión… En función das nosas necesidades, inquedanzas e tamén fortalezas estamos elaborando materiais, guías, recursos,..que esperamos de corazón sexan de axuda para moitos docentes e equipos educativos.
Para nós, a ILUSIÓN É A CLAVE!!!